Existe a música?
Este é un artigo de opinión. Ao que non lle guste ten toda a liberdade do mundo de escribir criticándoo , e o que estea a favor que o apoie. Parece ser que agora as cantantes non poden ser gordas, nen desentonar físicamente. Primeiro está o corpo, e despois a voz... Pero , a quen lle importa a voz? Se total, agora cuns retoques realizados por ordenador todos podemos ser tenores de ópera. Ademais, no apartado musical, non hai diferenciación de xénero, xa que tamén o corpo é o que mais importa... , O é que apañarian a Bustamante en O.T. se pesase 100 kilos e non tivese esa cariña de neno de anuncio? polo menos que se esmerasen un pouquiño nas letras , non? Colgado, vivo colgado, colgado e namorado... Asi calquera fai unha canción, sen o máis mínimo esforzo. Agora a música é imaxe, non son; é un producto, non un ben... Britney Spears: a alguén gustaríalle a súa música se non tivese ese corpazo? Pero non só ela, poderíamos enumerar un número interminábel de "artistas": Christina Aguieira, Malú, Jennifer López, Paulina Rubio, Shakira... e seguramente deixo-me 2000 cantantes mais polo camiño... ,E os homes? Por suposto que hai cantantes-corpo, como son David Civera, Bustamante, Bisbal, Álex (é dicir, todos os triunfiños), Carlos Baute, Chayanne... Tamén se poderian dicir 2000 cantantes máis. E tamén grupos de rapaces e de rapazas... Menos mal, polo menos xa non hai Spice Girls, nen Backstreet Boys, pero están N-Sync para suplilos ..
Neste mundo da imaxe, a música está cada vez perecendo máis, e deixándose gobernar. Non teño nada en contra deste elenco de cantantes: si, esas rapazas teñen cuerpazos, e os rapaces son adorados por grande parte do sector feminino, pero... , por que teñen que cantar? Non poderian ser modelos? Ademais, as chicas nas suas letras dan clara sensazón de posesión, é dicir, decláranse obxecto do home: Faime túa, deiche o meu amor, o teu corpo é meu...
Non sei que máis dicir... Todo vai seguir igual, se teñen público e seguidores... Só fixarvos na foto... Aqui está a increibel Paulina Rubio... , Parece unha cantante? Está claramente apresentando o seu novo disco ,non?
4 comentarios
Jordan 4 -
Nike Shox Turbo -
Creative Recreation -
Anónimo -